Skip to main content
Novas

Convocatoria de sesión extraordinaria urxente do Pleno do Concello para o vindeiro mércores día 14 de marzo de 2012

By 12 Marzo, 2012No Comments

O Sr. alcalde asinou a convocatoria da sesión extraordinaria urxente do Pleno do Concello que se celebrará o vindeiro mércores día 14 de marzo de 2012, ás 10 horas da mañá, no salón de sesións da Casa do Concello, de conformidade coa seguinte Orde do Día :


Pronunciamento do Pleno sobre a urxencia.
Aprobación do expediente de recoñecemento extraxudicial de créditos por facturas adebedadas correspondentes a exercicios anteriores.

Na sesión convocada proponse o recoñecemento das débedas cos provedores do Concello, correspondentes aos exercicios de 2006, 2008, 2009 e 2010, por un importe total de 161.777,18 €. Ditas débedas, unha vez recoñecidas no seu caso, serán satisfeitas na súa totalidade antes do día 15 de marzo. A urxencia vén motivada pola conveniencia de non acollerse ao mecanismo de financiamento para o pago a provedores establecido no Real Decreto-lei 4/2012, do 24 de febreiro, opción que remata asemade o día 15 de marzo.

Leave a Reply