Tódolos mozos e mozas de entre 9 e 17 anos poderán apuntarse aos campamentos de verán. Cada campamento desenvolverá actividades moi distintas, como poden ser dende piragüismo, kaiak, vela ou meramente o disfrute do medio ambiente. Noutros campamentos ofértanse actividades coma o teatro, o cine, a hípica e o senderismo entre outras.
Os prezos oscilan entre os 110,40€ e os 340,00€, sendo as estadías de unha ou dúas semanas de duración, a elexir entre sete Comunidades Autónomas.
Para a tramitación será necesario o DNI e/ou Libro de Familia e a tarxeta sanitaria.
Para maior información e tramitación das solicitudes, poderán achegarse ao departamento de servizos sociais do Concello de Rodeiro.
O prazo remata o día 20 de marzo de 2012.