O Concello de Rodeiro acaba de iniciar os contactos para poñer en marcha a edición deste ano da iniciativa Rodeiro de Tapas. Para elo convocáronse por carta a tódolos hostaleiros a unha reunión realizada no Concello o pasado día 21 de marzo na que os asistentes manifestaron o seu entusiamo en celebrala de novo e propuxeron algunhas novidades que están sendo estudadas pola organización.
A participación está aberta a tódolos establecementos de Rodeiro que o desexen e acepten as bases da iniciativa, presentando a solicitude de inscrición ata o vindeiro venres, día 4 de abril.
Seguindo coa tradición neste concurso, as datas de realización das xornadas de tapeo serán tres fins de semana alternos dos meses de abril e maio (17-20 de abril, 1-4 de maio e 17-18 de maio), nas que os visitantes poderán degustar as propostas de tapas presentadas a concurso. Ademáis o Concello prevé organizar nestas datas eventos relacionados coa promoción da cultura e o patrimonio co obxectivo de vincular a distintos sectores da vida municipal no obxectivo de impulsar as potencialidades do pobo.