O Concello de Rodeiro ven de elaborar o Plan de Acción para o Clima e a Enerxía Sustentable (PACES).
A asistencia técnica para a elaboración do dito plan está financiada pola Consellería de Medio Ambiente, Territorio e Vivenda da Xunta de Galicia e o Feder.
O importe da axuda concedida é de 3.993,00 €.
Coa elaboración deste plan, O Concello de Rodeiro pretende cumprir cos compromisos adquiridos co Pacto dos alcaldes para o clima e a enerxía, e reducir as emisións de CO2 en, polo menos, o 40% para o ano 2030.