Skip to main content
Novas

Fortalécete Muller

By 1 Decembro, 2020No Comments

Este mércores terá lugar o segundo taller dentro do Proxecto Equal Camba IV, cofinanciado pola Deputación de Pontevedra, dirixido a traballar autoestima, autocoidado, xénero e xestión emocional en mulleres da nosa comunidade.

A actividade desenvolverase no salón de actos do centro cultural municipal en horario de mañá para así permitir a participación de mulleres con crianzas que nese momento están no centro educativo e correrá a cargo de unha educadora social experta en igualdade e xénero, Noelia Rodríguez Álvarez. Para acudir é preciso inscribirse previamente no Servizo de Educación Familiar polo reducido número de prazas existente, tanto para esta coma para as seguintes sesións.