O programa organizado polo Concello de Rodeiro “Outono en Ruta” segue a súa andaina coa segunda ruta, a Ruta dos Muiños e da Historia, unha ruta para desfrutar non só da paisaxe e do entorno senón tamén para ver parte do noso pasado. A andaina sairá da Praza do Concello percorrendo e visitando os puntos máis característicos da zona durante 14 qm para volver ao punto de partida.
Para a ruta haberá un pequeno avituallamento.
LUGAR DE SAÍDA: Praza do Concello
HORA: 10.15h
DIA: 23 de outubro