O Concello de Rodeiro está a executar as obras que forman parte do proxecto “Adecuación de sistema de abastecemento de auga”, cun orzamento de 48.373,35 €.
Para a súa execución a Xunta de Galicia concedeu unha subvención por importe de 48.373,35 €. Estas actuacións están financiadas pola Unión Europea a través do Fondo Europeo de Desenvolvemento Rexional (Feder), no marco do eixe REACT-UE do programa operativo Feder Galicia 2014-2020. Financiado como parte da resposta da Unión á pandemia da COVID-19.
Coa execución destas obras substituirase un tramo da rede de distribución de auga no que son frecuentes as avarías, e substituirase a rede hidráulica existente e a instalación de valvulería do depósito de cabeira, da estación de tratamento de agua potable.