Skip to main content
Novas

Organización de actividade turística para veciños pensionistas Visita a Pontevedra, Poio, Combarro…

By 29 Marzo, 2022No Comments

O Concello ten previsto realizar o vindeiro día 8 de abril unha xornada turística para os veciños pensionistas empadroados no Concello, consiste nunha excursión con destino Pontevedra, Poio, Combarro…
Poderán inscribirse os veciños empadroados no Concello que ostenten a condición de pensionistas ou perceptores de prestacións sociais públicas. Cada inscrito poderá ir acompañado como máximo doutra persoa empadroada, aínda que non ostente a condición de pensionista.
A saída será ás 8.30 horas desde a Praza do Concello e a volta está prevista para as 21.30 horas.
A actividade inclúe desprazamento de ida e volta en autocar, seguro de viaxe, visitas turísticas e xantar en restaurante.
Establécese un copagamento por importe de 15€ por inscrito.
A inscrición realizarase no Centro Cultural Municipal “Manuel Lamazares” ou no teléfono 986 79 03 01, con data límite do 6 de abril.