Skip to main content
Novas

Actividades para os maiores nas parroquias: Comezamos!!!

By 26 Marzo, 2022No Comments

Unha vez máis, arranca o programa de envellecemento activo “O Espertador” no concello de Rodeiro para os maiores e persoas con diversidade funcional, co fin de favorecer a súa autonomía e mellorar a súa calidade de vida.

O programa poñerase en marcha o vindeiro luns 28 de marzo e de forma totalmente GRATUITA, levarase a cabo nas casas escolas parroquiais unha vez por semana. Inicialmente, comezarase naquelas parroquias nas que existe demanda e coa posibilidade de aumentar a outros lugares se hai demanda.

A día de hoxe Asperelo, San Salvador, Santa Baia, Álceme, Carboentes e Rodeiro poderán desfrutar de luns a venres respectivamente, en horario de mañá de actividades de xerontoximnasia, estimulación cognitiva e destrezas manuais.