Dende o 30 de marzo e ata o 12 de maio está aberto o prazo para a tramitación das becas xerais do Ministerio de Educación e Formación Profesional e do Ministerio de Universidades, destinadas a aqueles estudantes de niveis postobrigatorios: formación profesional, bacharelato, ensinanzas artística e deportivas, escolas oficiais de idiomas e estudos universitarios, entre outros.
Este ano cambian os prazos de tramitación das becas adiantándose ao mes de marzo para así saber antes de comezar o vindeiro curso se cumpres ou non os requisitos económicos e, polo tanto, se vas a dispor de beca.
Como é lóxico neste mes aínda non sabes con certeza que vas a estudar para o curso que ven, pero póñense os estudos máis probables e despois en setembro poderanse cambiar. O importante agora é facer a solicitude.
A tramitación da beca realízase a través de formulario on-line no seguinte enlace: https://www.becaseducacion.gob.es/portada.html
Nesta web atópase, ademais, toda a información necesaria sobre tipos de becas, contías e requisitos de acceso.
Para recibir máis información, consultar dúbidas ou recibir axuda para a tramitación pódense dirixir ao servizo de educación familiar do concello. Contacto: educadora@rodeiro.gal ou no tlf. 986790009.