A exposición “ Operación monarca”, está no Centro Cultural Manuel Lamazares, desde o día 11 de novembro ata o 2 de decembro.
Esta exposición, que é unha das que o CEIDA ten en préstamo, ten como obxectivo dar a coñecer a bolboreta Monarca, para que cada vez sexan máis as persoas que aprendan a identificala, e dado o caso, poidan informar convenientemente das súas observacións.
A bolboreta Monarca, voa miles de quilómetros e aparece nas costas europeas durante o outono. Chegan aquí despois dunha longa viaxe que atravesa o océano atlántico.
En Galicia, os avistamentos documentados realizáronse nos meses de setembro, outubro e novembro. Os datos de avistamentos pódense enviar ao CEIDA.