Ante a imposibilidade de prover ata esta data polos procedementos legais establecidos o cargo de xuíz de paz substituto do Concello, dada a ausencia reiterada de candidatos interesados, o Concello abre un novo prazo de solicitudes para optar a dito cargo. As características principais son as seguintes:
- Denominación: Xuíz de Paz substituto.
- Requisitos: Ser español, maior de idade e non estar en curso nas causas de incapacidade que establece o artigo 303 da Lei Orgánica do Poder Xudicial.
- Funcións: Substituír nas súas funcións ao xuíz de paz titular nos casos de vacante, ausencia ou enfermidade que lle impida o exercicio do seu cargo.
- Retribución: O cargo non é retribuído, agás se faga efectiva a substitución e mentres dure esta.
- Procedemento de selección: Os interesados deberán presentar a súa solicitude na Secretaría do Concello, acompañada de copia compulsada do seu DNI e dos méritos e circunstancias a valorar. Recibidas as candidaturas, o Concello proporá unha terna entre os que reúnan as condicións de idoneidade e a remitirá ao Tribunal Superior de Xustiza de Galicia (TSXG), por conduto do Xulgado Decano de Lalín. Entre os propostos, o TSXG elixirá libremente ao xuíz de paz substituto, se procede.
- Data límite de presentación de solicitudes: 23 de novembro do corrente.