Esta semana o Concello de Rodeiro pon en marcha unha campaña de sensibilización dirixida a toda a poboación de cara a concienciar e loitar contra a lacra da violencia de xénero.
Para a realización da campaña usouse o cartel gañador da IV edición do concurso de “Carteis Igualitarios” realizado pola Asociación de Mulleres Rurais “Virxe do Faro” no ano 2014, o cal fai especial fincapé na importancia de denunciar os malos tratos.
Recordamos que aínda está o prazo aberto ata o día 24 para participar no concurso deste ano.
Paralelamente a esta campaña dende o programa Tardes Activas estase a traballar cos nenos e nenas participantes no mesmo realizando actividades orientadas a unha educación en igualdade e á coeducación, entendidas estas como piares básicos para a prevención da violencia contra as mulleres.