Oferta formativa da Deputación para a mocidade do Concello

Por 11 Marzo, 2021 Novas

TI© EMPRENDES é un proxecto co-financiado polo Fondo Social Europeo e a Deputación de Pontevedra que pretende mellorar a empregabilidade, tanto por conta propia como allea, da mocidade que habite ou vaia habitar nalgún dos concellos rurais da provincia.

En total ofrécense 26 accións formativas dirixidas a moz@s inscritos no Sistema de Garantía Xuvenil. Poderás apuntarte en calquera das accións formativas, xa sexan no concello no que estás empadroada/o ou nas de calquera outro municipio participante. Tamén se ofrecen cursos a través dunha aula virtual.

https://www.depo.gal/tic-emprendes

Cartel aula virtual Tic Emprendes (pdf)

Máis información no AEDL do Concello ou no teléfono: 886.217.320 (Deputación)