Odaiko presenta “Verán miúdo”

Por 6 Setembro, 2021 Novas

O Concello de Rodeiro organiza unha nova actividade cultural a cargo de Odaiko o vindeiro venres 10 de setembro ás 20:00 horas na Praza do Concello. Presenta o seu espectáculo “Verán miúdo”.

Espectáculo recomendado para todos os públicos.

Esta actividade pertence ao Programa Cultura no camiño 2021 organizado pola Concellería de Cultura do Concello de Rodeiro e pola AGADIC da Consellería de Cultura, Educación e Universidade da Xunta de Galicia.