A entidade mercantil Green Capital Power S.L. solicitou as autorizacións pertinentes para a instalación do parque eólico “Alborín”. Dito parque eólico estará constituído por tres aeroxeradores, cunha potencia total a instalar de 13,5 MW, e sitúase integramente no termo municipal de Rodeiro. En cumprimento da normativa legal, sométese a información pública a seguinte documentación durante o prazo que se indica :
− Proxecto de execución: trinta (30) días.
Enlace: http://descargas.xunta.es/33e50bf7-bca8-4563-b415-a44e838c4e5d1632731199541
− Estudo de impacto ambiental : trinta (30) días.
Enlace: http://descargas.xunta.es/38b0b90a-b814-40a0-990a-68fb4f38bd921632731344072
− Proxecto sectorial de incidencia supramunicipal (proxecto de interese autonómico): trinta (30) días.
Enlace: http://descargas.xunta.es/2d92cd5d-3ce1-49c6-8de8-f3df2acebc301632731449963
Data límite da información pública: 15 de novembro de 2021
Durante ditos prazos todas as persoas, naturais ou xurídicas, que se consideren prexudicadas nos seus dereitos, poderán presentar as alegacións que estimen pertinentes.
Atendendo ás medidas preventivas fronte ao coronavirus COVID-19, a consulta da documentación realizarase preferentemente a través do seguinte enlace da web da Vicepresidencia Segunda e Consellería de Economía, Empresa e Innovación: https://ceei.xunta.gal/transparencia/documentos-sometidos-a-informacion-publica, na epígrafe de instalacións de xeración. A atención será telefónica no número 986 80 52 39.
Cando sexa indispensable a atención presencial, poderase acudir á Xefatura Territorial da Vicepresidencia Segunda e Consellería de Economía, Empresa e Innovación (avda. Mª Victoria Moreno 43-5º, 36071 Pontevedra), mediante cita previa no número de teléfono indicado, así como ás dependencias do Concello de Rodeiro.
Anexo: AnuncioG0596-240921-0003_gl (pdf)