Skip to main content
Novas

Programa Termalismo social – IMSERSO (BALNEARIOS ano 2021)

By 3 Setembro, 2021No Comments
  1. Beneficiarios:

* Poderán acollerse ao Programa, todas aquelas persoas que sexan     pensionistas ou perceptores de prestacións de desemprego e conten cunha idade mínima de 60 anos, 55 anos para perceptores de pensión viuvedade; quedando exentos de cumprir esta condición as persoas que acudan en calidade de cónxuxes.

* Asimesmo poderán ser adxudicatarios de praza, os fillos con discapacidade, en grao igual ou superior oa 45% .

*  Valerse por se mesmo e non padecer trastornos mentais graves.

Precisar os tratamentos termais solicitados.

  1. Destinos e quendas.

Os balnearios que se ofrecen para este ano, presentan unha ampla selección; xa que se pode solicitar praza en 15 Comunidades Autónomas distintas, sendo os correspondentes á nosa, os seguintes:

*   Na provincia de A Coruña ofértanse os balnearios de Carballo e Brión.

*   Na provincia de Lugo, Termas Romanas (en Lugo cidade), Rio Pambre (en Palas de Rei), e Augas Santas (Pantón).

* Na provincia de Ourense, os balnearios de Arnoia, Baños de Molgas, Carballiño, Laias e Lobios.

*  Na provincia de Pontevedra ofértanse os balnearios de Acuña,  Dávila (ámbolos dous en Caldas de Reis) Caldelas de Tuy, Termas de Cuntis, Mondariz e na Illa da Toxa.

Para maior información e formalización de solicitudes, poderán achegarse ao departamento de servizos sociais do Concello.

O prazo de presentación de solicitudes permanecerá aberto ata o día 30 de setembro de 2021