Dende o Concello de Rodeiro convocamos a todos os veciños e veciñas, asociacións e demais colectivos sociais a unha concentración ás 12:30h. na Praza do Concello en repulsa pola violencia machista. Agardamos a vosa participación para enviar unha mensaxe de unidade e apoio de todo o noso pobo a todas as mulleres que sofren esta problemática: que non están soas, que denuncien. Que contarán co noso apoio.
Rematará gardando un minuto de silencio en recordo das vítimas.
Así mesmo, queremos lembrar que ata ese mesmo día está aberto o prazo para participar no XI concurso de carteis igualitarios.