Elección do cartel gañador no XI Concurso de Carteis Igualitarios

Por 26 Novembro, 2021 Novas

Dende esta data e ata o vindeiro día 10 de decembro abrimos o prazo para escoller o cartel gañador do XI Concurso de Carteis Igualitarios.

A continuación preséntanse os 16 carteis participantes neste ano 2021. Agradecemos enormemente a cada participante, tanto asociación coma persoas a nivel individual e grupos de mozos e mozas, que adicasen parte do seu tempo a reflexionar sobre a violencia machista e como loitar contra ela.

Cada persoa que desexe votar para elixir o gañador simplemente ten que cumprimentar o formulario que se adxunta escollendo o cartel que máis lle gusta, que cre que mellor representa a idea deste concurso que é sensibilizar aos veciños e veciñas do noso concello sobre a importancia de educar en igualdade e na prevención da violencia de xénero.

O cartel que máis votos obteña será o gañador desta XI edición e será a imaxe da campaña de sensibilización do ano 2022.

Para aquelas persoas que teñan dificultades para poder votar dende a web poden acudir ao Centro Cultural Manuel Lamazares para realizar a votación.