O día 27 de abril o Concello de Rodeiro poñerá en marcha un programa de actividades gratuíto para as persoas maiores cuxo obxectivo é mellorar a súa calidade de vida e favorecer a súa autonomía.
Os seus destinatarios serán todas as persoas maiores e aquelas persoas adultas que presenten algunha discapacidade.
As actividades realizaranse unha vez por semana nas casas escolas parroquiais.
O horario no que se impartirán as actividades é o seguinte:
11.00-12.00: Xerontoximnasia
12.00-13.00: Talleres de memoria e psicomotricidade
Para a inscrición:
Contactar no teléfono 986790185 de 10:00h a 14:00h. Preguntar por Elena. A data límite será o día 24 de abril.