O Concello de Rodeiro organiza unha actividade cultural co gallo de celebrar o Día Internacional do Libro. Terá lugar o vindeiro día 23 de abril ás 11:15 horas no Centro Cultural Municipal. O ilustrador e escritor Anxo Fariña dirixirá un taller de ilustración baixo o título de “Obradoiro creativo cos Pelelliños e os Megatoxos”. Os Pelelliños é unha colección de libros destinados para o público infantil, na que os protagonistas son estes seres máxicos tan especiais. Os Megatoxos son catro mozos que teñen que compatibilizar as clases no instituto cunha dobre vida que os impulsa a viaxar na procura dunha cura para a súa mutación xenética, un cambio provocado por unha plata moi especial, o toxo. Esta actividade forma parte do Programa Ler conta moito 2015, organizado polo Concello de Rodeiro e a Consellería de Cultura, Educación e Ordenación Universitaria da Xunta de Galicia.