Skip to main content
Novas

Firma do Convenio de Colaboración entre o Concello de Rodeiro e a Asociación Solidariedade Galega co Pobo Saharaui

By 16 Abril, 2015No Comments
Firma convenio Sahara

Na presente data realizouse a firma do convenio de colaboración entre o Concello de Rodeiro, representado a través do seu alcalde D. Luís López Diéguez, e a Asociación Solidariedade Galega co Pobo Saharaui, representada a través da presidenta de SOGAPS Dna. Maite Isla Avión. Este convenio permitirá o desenvolvemento do programa de Vacacións en Paz para o ano 2015, a través do cal chegará de novo a Rodeiro un neno saharaui en acollida nunha familia deste concello.