O temporal de choiva, que tivo lugar nestes días, produciu numerosos estragos nas pistas e camiños rurais do Concello de Rodeiro.
Unha primeira valoración eleva o custo destas reparacións a 213.720,00 €.
A maioría dos estragos tiveron lugar nas zonas altas do Concello, en camiños e pistas de acceso a explotacións gandeiras e a fincas, así como pistas de acceso a núcleos.
Por eso dende o Concello solícitase axuda para a reparación dos danos, á Deputación Provincial de Pontevedra e á Consellería de Medio Rural.
Na descarga asociada atoparedes unha relación das pistas e camiños que sufriron danos.