O Programa Galego de Detección Precoz do Cancro de Mama da Consellería de Sanidade da Xunta de Galicia, en colaboración coa AECC, inicia a súa campaña no Concello de Rodeiro o vindeiro día 10 de febreiro de 2011.
O programa consiste na realización gratuíta de mamografías a todas as mulleres entre 50 e 69 anos veciñas do Concello.
As mamografías faranse na unidade móbil de exploración, que se emprazará na Avda. Aviador Gumersindo Areán de Rodeiro.
Mediante carta comunicaráselle ás interesadas o día, hora e lugar ao que teñen que acudir.
Todas as mulleres que teñan entre 50 e 69 anos e que non recibisen a carta poden chamar ao telefono 981141414, onde lles darán unha cita.
Máis información noa ligazón recomendada.