O Concello de Rodeiro anuncia a apertura dunha convocatoria pública para cubrir unha praza de técnico de medio ambiente coas seguintes características:
Denominación do Posto: técnico de medio ambiente.
Tipo de contrato: laboral de duración determinada, na modalidade de obra ou servizo.
Requisitos:
• Os xerais da Lei
• Titulación: Técnico superior en saúde ambiental
Prazo de presentación de candidaturas: dez días naturais, a contar dende o día seguinte o da publicación deste anuncio. Data límite o 22.01.2011.
Xornada: Completa, de luns a venres. 37,50h semanais.
Salario: 19.464,10 €/brutos anuais.
Bases e modelo de solicitude na descarga asociada.