O vindeiro domingo día 1 de febreiro de 2009 celebrarase en Rodeiro por segundo ano consecutivo o II Trofeo Concello de Rodeiro de Canicross, puntuable para a Liga Nacional de Canicross. A proba desenvolverase sobre un percorrido de 10 quilómetros polo casco urbano de Rodeiro e arredores.