Entre os días 12 e 19 de xaneiro de 2009, ambos inclusive, estará aberto no Concello o servizo de consulta do censo electoral para as vindeiras Eleccións ao Parlamento de Galicia do día 1 de marzo de 2009.
Durante dito prazo poderanse formular reclamacións contra a inclusión ou exclusión no censo electoral. As consultas e reclamacións, no seu caso, deberán facerse persoalmente na Secretaría do Concello e deberase achegar fotocopia do DNI ou documento equivalente que inclúa fotografía (pasaporte, permiso de conducir, etc.).
Recoméndase a todos os veciños (de xeito especial aos que exercen por primeira vez o seu dereito de voto neste Concello, aos que cambiaran de domicilio nos últimos meses e aos que non reciban a tarxeta censual) que comproben a súa inscrición no Concello, ao obxecto de que poidan votar nas Eleccións do día 1 de marzo.