A Xunta de Goberno Local, na sesión extraordinaria celebrada o día 2 de decembro de 2008, acordou aprobar as bases específicas para a concesión de subvencións para actividades culturais e deportivas desenvolvidas no ano 2008. O importe total das axudas é de 10.000,00 € para actividades culturais e de 7.000,00 € para actividades deportivas. O prazo de presentación de solicitudes será de 40 días contados a partires do seguinte da publicación das bases no BOP. O prazo de presentación de solicitudes remata o día 28 de xaneiro de 2009.