Skip to main content
Novas

Nova estación meteorolóxica en Rodeiro

By 8 Novembro, 2010No Comments

Hai uns meses comezou a funcionar unha nova estación meteorolóxica no noso Concello, situada no lugar de Vilarmaior na parroquia de San Cristovo do Az. A estación foi instalada por un mozo veciño do Concello Marcos Diéguez Vázquez (Lugo, 1986), afeccionado dende a súa infancia aos temas relacionados co tempo atmosférico e a súa predicción. A estación está dotada dos máis modernos aparellos de observación meteorolóxica e transmisión de datos, os cales a partires desta data poderanse consultar nesta páxina web, actualizándose cada 15 minutos, a través do portal Meteoclimatic.
O Concello felicita ao promotor desta interesante iniciativa no eido da divulgación científica, que vai permitir aos veciños e interesados en xeral dispoñer dunha axeitada información, permanentemente actualizada, do tempo no noso municipio.
Para calquera consulta sobre este tema poden contactar co propietario da estación na dirección de correo marcosvilarmaior@hotmail.es.

Leave a Reply