Mañá martes, 9 de novembro, terá lugar ás 20:30 , no Salón Teatro do Auditorio Municipal de Lalín, a presentación comarcal de Repoblar.
Repoblar, Rede Pontevedra Banda Larga Rural, é a rede sen fíos que a Deputación de Pontevedra está a despregar na provincia, a través do proxecto Wimax Rural Pontevedra, cofinanciado nun 70% por fondos FEDER dentro do eixo 5 “Desenvolvemento local e urbano sostible” do P.O. FEDER 2007-2013.
O Concello de Rodeiro encóntrase adherido a este proxecto xunto con 55 concellos máis da provincia de Pontevedra.