Skip to main content
Novas

Extracto dos acordos adoptados polo Pleno do Concello na sesión extraordinaria celebrada o día 22 de outubro de 2010

By 27 Outubro, 2010No Comments

– Aprobación inicial do orzamento xeral do Concello para o exercicio de 2010.- Aprobouse pola maioría de cinco votos a favor (grupo municipal socialista e Sr. García Deza), catro en contra (grupo municipal do Partido Popular) e dúas abstencións (grupos municipais de Independentes de Rodeiro e mixto).
– Resolución das discrepancias en relación aos reparos formulados pola Intervención municipal por falta de crédito na tramitación de diferentes expedientes de contratación.- Levantáronse os reparos pola maioría de seis votos a favor (grupos municipais socialista, mixto e Sr. García Deza) e cinco en contra (grupos municipais do Partido Popular e Independentes de Rodeiro).

Leave a Reply