O Concello de Rodeiro organiza unha nova actividade cultural o vindeiro venres día 22 de xullo ás 20:00 horas na praza do Parque.
Antón Ke levará a cabo un espectáculo baixo o título “A gaita galega”.
Esta actividade forma parte do programa Ler Conta Moito, organizada polo Concello e Consellaría de Cultura, Educación, Formación profesional e Universidades.
Para tódolos públicos e entrada gratuíta.