O pasado sábado 15 de outubro, en conmemoración do Día da Muller Rural, tivo lugar a presentación pública do resultado final do traballo realizado na acción que denominamos “Mulleres de Rodeiro. Mudando o cotiá”, dentro do Proxecto Equal-Camba 2022, cofinanciado pola Deputación de Pontevedra. Un fermoso traballo de recoñecemento e posta en valor do papel da muller rural a través das lembranzas e historias de vida de veciñas de Rodeiro.
No seguinte enlace pódese visualizar o documental ao completo: