O Concello de Rodeiro organiza unha conferencia baixo o título Mitos e ritos da Idade do Ferro: o mundo de Vento e Chuvia co gallo de celebrar o Día Internacional do Libro. Terá lugar o vindeiro día 23 de abril ás 11:15horas no Centro Cultural Municipal “Manuel Lamazares”. Estará impartida polo escritor, xornalista e profesor Manuel Gago. Esta actividade forma parte do Programa Ler conta moito 2014, organizado polo Concello de Rodeiro e a Consellería de Cultura, Educación e Ordenación Universitaria da Xunta de Galicia, para o fomento da lectura entre os rapaces e xóvenes principalmente. Esta conferencia está aberta a todos os públicos.