Continuando coa liña iniciada o ano pasado, na Xunta de Goberno Local (XGL) de onte aprobaronse as Bases para a execución das II Xornadas Divulgativas sobre o Patrimonio e a Cultura de Rodeiro: as Barferencias.
Trátase dun ciclo de conferencias que terán lugar nos bares, nun ambiente coloquial e relaxado tratando de potenciar a máxima difusión da cultura, coa premisa de que para respectar, conservar e valorar hai que coñecer. Esta iniciativa faise coincidir coas datas de realización de Rodeiro de Tapas coa finalidade de conxugar esforzos no obxectivo de promover as potencialidades do noso concello e ofrecer alternativas de ocio e culturais aos nosos veciños e a todos aqueles que desexen acercarse ao Concello nas pontes festivas dos meses de abril e maio.
Desta maneira na dita XGL de onte realizouse un sorteo entre os locais que participan nas rutas de tapeo (e non resultaran seleccionados no sorteo do ano pasado para esta mesma iniciativa) e como resultado delo programouse a primera Barferencia do ano 2014:
Barferencia: Tradición oral: lendas castrexas
Impartida por: Xoán Carlos García Porral
Lugar: Café-Bar Os dous de Sempre
Data: venres, 18 de abril de 2013, ás 19.00h
Esta iniciativa é de carácter voluntario, polo que non se contemplan retribucións ao poñentes nin os locais poderán cobrar prezo algún aos asistentes e a entrada será libre.