Skip to main content
Novas

Encontros de nais e pais: O uso das novas tecnoloxías e as redes sociais na infancia e a adolescencia

By 23 Abril, 2014No Comments

Este venres 25 de abril poremos de novo en marcha o proxecto de Encontros de nais e pais, que nesta ocasión versará arredor dunha temática de gran interese e importancia na actualidade como é o uso das TIC´s e das redes sociais entre nen@s e na xuventude.
As novas tecnoloxías da información e da comunicación preséntase como un recurso de apoio á aprendizaxe con unha gran potencialidade, pero tamén é fundamental fomentar un uso adecuado das mesmas en función da idade da rapaza ou rapaz.
Seguindo a liña do anterior, abordarase especificamente o tema das redes sociais, ferramenta fundamental de comunicación e socialización dos adolescentes, explicando pautas baseadas en primar a seguridade e o benestar do menor.
O horario e lugar de celebración é o habitual, ás 22:00 h. no Centro Cultural “Manuel Lamazares”.

Para recibir máis información, contactar co servizo de educación familiar municipal (servizo cofinanciado pola Deputación de Pontevedra).
Tfno: 986790185, e-mail: educadora@rodeiro.gal

Leave a Reply