O Concello de Rodeiro organiza unha actividade cultural o vindeiro día 29 de novembro ás 12:30 horas no Centro Cultural Municipal con motivo da celebración do Mes da ciencia nas bibliotecas. Jorge Mira, profesor do Departamento de Física Aplicada da Universidade de Santiago de Compostela, dará unha conferencia que leva por título “¿A que altura está o ceo?”. É un percorrido histórico pola loita do ser humano por medir e comprender as dimensións do Universo.
Máis información an web de Jorge Mira.
Esta actividade está organizada pola Concellería de Cultura do Concello de Rodeiro.