O vindeiro venres 24 de novembro terá lugar a presentación dos carteis do VII Concurso de Carteis Igualitarios e darase a coñecer o gañador desta edición. A actividade desenvolverase no salón de actos do Centro Cultural Municipal “Manuel Lamazares” ás 17:00 h.
Recordamos que ata o xoves 23 aínda se poden presentar propostas de carteis para o concurso.
A continuación desta actividade, desenvolverase o último vídeo-fórum “E ti que pensas?”, proxecto que se realizou en distintas parroquias do concello a través da cal se creou un espazo de reflexión e intercambio de ideas e información sobre a situación da muller ante a violencia de xénero no noso concello.
Dende o Concello de Rodeiro facemos unha chamada á participación nestas actividades aos nosos veciños e veciñas, esperando moi especialmente a asistencia dos diferentes axentes sociais, membros de asociacións, representantes políticos, etc. para desta forma manifestar de forma conxunta e como comunidade a nosa repulsa contra o maltrato e o apoio unánime ás vítimas.