Proxecto cofinanciado a través da Xunta de Galicia e o Fondo Europeo de Desenvolvemento Rexional da Unión Europea.
Este proxecto tivo como obxectivo principal mellorar o equipamento e mobiliario do PAI do Concello de Rodeiro e con iso a calidade na atención aos menores que acoden a este servizo.
Con un orzamento total de 1471,3 €, adquiriuse un moble-librería e caixóns organizadores que permitiu un mellor aproveitamento do espazo da aula central do PAI e unha organización máis eficiente dos materiais didácticos.
Realizouse tamén a compra de diverso material didáctico e de xogo composto principalmente por contos, quebracabezas, encaixables, xogos de construción, bloques lóxicos, pizarras e xogos sensoriais. Dito material supón un valor engadido para a atención dos nenos e nenas e a súa compra realizouse aplicando a perspectiva de xénero.
A través dos materiais e xoguetes adquiridos trabállase a educación en igualdade, buscando que os nenos e nenas teñan unha perspectiva ampla da vida e medren sendo tal e como eles queiran ser. Así mesmo, buscáronse materiais que fomentasen o desenvolvemento óptimo das distintas capacidades dos menores na etapa fundamental de crecemento na que se atopan ligada á primeira infancia.