Skip to main content
Novas

Información pública de expediente para clasificación de montes veciñais en man común

By 22 Xaneiro, 2014No Comments

Estase a tramitar por parte do Xurado Provincial de clasificación de montes veciñais en man común, dependente da Consellería do Medio Rural e do Mar, expediente para a clasificación, de ser o caso, como montes veciñais en man común os denominados “Séptima” e “Chaos”, situados na parroquia do Salto deste Concello.

Aos citados efectos, ábrese un período DUN MES de duración para que se poida examinar o expediente (na sede da Consellería en Pontevedra) e aducir durante este tempo o que se estime procedente en relación cos montes de referencia, así como aportar cantas alegacións, documentos e informacións estimen convintes e, no seu caso, propoñer proba concretando os medios de que pretendan valerse.

Leave a Reply