Todos os contribuíntes pertencentes a concellos adheridos ao ORAL, como é o caso de Rodeiro, teñen a partires deste exercicio a posibilidade de fraccionar o pago dos seus recibos correspondentes ao Imposto sobre Bens Inmobles (IBI), tanto de natureza rústica como urbana, ao Imposto sobre Actividades Económicas (IAE) e ao Imposto sobre Vehículos de Tracción Mecánica (IVTM).
O plan, posto en marcha pola Deputación Provincial, permite aos contribuíntes interesados a posibilidade de fraccionar en 8 cotas e sen ningún tipo de xuros o importe dos seus recibos de IBI, IAE ou IVTM, coa única condición que o importe total dos recibos que se fraccionen sumen a contía mínima de 240,00 € anuais.
A solicitude deberá facerse ante o ORAL, utilizando os modelos que se facilitan na ligazón recomendada.
O prazo límite de presentación das solicitudes é o día 28 de febreiro de 2014.