O luns día 20 de xaneiro comenza o curso realizado a través do Programa Actívate da Deputación de Pontevedra “Elaboración de tapas, pinchos e canapés” de 40h de duración, que se desenvolverá de luns a venres en horario de tarde (de 17h a 20h) na casa escola de A Latiza ata o vindeiro día 6 de febreiro.
O obxectivo do programa é desenvolver actividades formativas e educativas no ámbito do lecer e do tempo libre, que sexan de interese xuvenil e respondan ás demandas da xente nova da provincia.
Se todavía hai alguén interesado en facelo podería apuntarse ata o vindeiro mércores día 22 de xaneiro, facilitándolle os seus datos persoais ao docente encargado de impartilo ou cubrindo o modelo de inscrición e presentándoo no Concello dentro do mesmo prazo.