Skip to main content
Novas

Información pública da instalación do parque eólico “Val do Folgoso” e do parque eólico “Monte dos Porcallos”

By 14 Abril, 2021No Comments

Faise público o anuncio da área de Industria e Enerxía da Subdelegación do Goberno en Pontevedra polo que se somete a información pública por espazo de trinta días o Estudo de Impacto Ambiental e a solicitude de Autorización Administrativa Previa do Parque Eólico Val do Folgoso, de 56 MW, situado nos termos municipais de Lalín, Rodeiro e Dozón (Pontevedra), Parque Eólico Monte dos Porcallos, de 56 MW, situado no termo municipal de Lalín (Pontevedra), e a súa infraestrutura de evacuación, situada nos termos municipais de Lalín, Vila de Cruces e Silleda (Pontevedra).

Constitúen o obxecto da información pública os seguintes documentos:

  • Proxectos
  • Estudo de impacto ambiental
  • Separatas aos proxectos.
  • Anuncio da área de Industria e Enerxía.

Durante dito prazo os interesados poderán consultar a documentación na Casa do Concello, en horario de oficina, e presentar, de ser o caso, as alegacións que estimen pertinentes.

A resolución e a documentación indicadas están dispoñibles nos seguintes enlaces:

Proxectos e Estudo de Impacto Ambiental:

https://ssweb.seap.minhap.es/almacen/descarga/envio/6accb5b1c129878f44291a27ac22bab41bbd1107

Separatas (Val do Folgoso):

https://ssweb.seap.minhap.es/almacen/descarga/envio/2353d2fed2f63a964e41a0b26a041943f2ff7117

Separatas (Monte dos Porcallos):

https://ssweb.seap.minhap.es/almacen/descarga/envio/2614f142b4066487ca556b2e1c9bd7eaefe01ce8

Anuncio da Área de Industria e Enerxía da Subdelegación do Goberno (pdf)