Skip to main content
Novas

A Xunta convoca unha orde de axudas para emendar e corrixir impactos paisaxísticos nos concellos galegos

By 14 Abril, 2021No Comments

A partir do 14 de abril e ata o 31 de maio, os particulares ou comunidades que desexen acollerse a esta liña de axudas poden presentar a súa solicitude, que cubrirá o 70% do importe global da proxecto de mellora paisaxística, que poderá incluír unha ou varias actuacións, e que, en todo caso, non superará os 3.000 euros por solicitude.

Entre as obras subvencionables inclúense cambios de tellados, melloraras do aspecto da medianeira dos edificios ou vivendas, revestimentos e pintura de fachada de vivendas que actualmente presenten ladrillo á vista, cambios da tonalidade da pintura e renovación do exterior das edificacións, seguindo a solución que a Guía de cor propón para a súa contorna.

Tamén son actuacións obxecto desta subvención o acondicionamento e mellora de peches de fincas de gran dimensión, mediante a substitución de muros opacos por cachotería tradicional ou sebes vexetais; ou revestimento de muros de cerramento realizados con bloques de formigón.

Axuda Impacto Paisaxisitico Extracto Doga (pdf)

Axuda Impactos Paisaxisticos Resolucion Doga (pdf)