Doazón Galletas Mariñeiras Daveiga

Por 19 Abril, 2021 Novas

O pasado 9 de abril, a empresa Lugar da Veiga, responsable da coñecida marca de Galletas Mariñeiras, realizou unha doazón dos seus produtos ao Concello de Rodeiro. Esta doazón foi destinada ás familias do municipio inscritas no Plan de Alimentos 2020.

Dende o Concello de Rodeiro, queremos transmitirlle o noso agradecemento á empresa Daveiga pola súa solidariedade e compromiso coas veciñas e veciños de Rodeiro.