Skip to main content
Novas

Nova ruta do Programa de Rutas de Sendeirismo 2012 – Ruta dos Muíños

By 1 Xuño, 2012No Comments

O vindeiro domingo día 10 de xuño terá lugar unha nova ruta dentro do programa Sendeirismo 2012, a ruta dos Muíños, que discorre polo val de Camba podendo observar varios muíños, o pazo de Camba, o pazo de Trasulfe, a tulla de Fafián e a vila romana. Conta cunha distancia de 18 quilómetros.

As características principais da actividade son as seguintes :

Día : 10 de xuño de 2012
Lugar de concentración : Diante da Casa do Concello
Hora : 9

Inscrición

Prazo : Ata o día 7 de xuño de 2012
Cota : 3 €
Pago : Conta do Concello de Rodeiro e Novagaliciabanco núm. 2080-5438-99-3110100047, especificando o nome e apelidos do inscrito e o concepto “sendeirismo”.
A inscrición dá dereito a avituallamento durante o percorrido, guía da organización, folleto informativo da ruta e desprazamentos i/v dende o lugar de concentración, de seren necesario a criterio da organización.
Ao remate da ruta sortearase un agasallo entre os participantes.

Leave a Reply