O Concello de Rodeiro organiza a actuación Xornadas en Igualdade. Trátase dun espectáculo de marionetas onde, da man dos Bolechas, as crianzas se achegan ao tema principal sobre o que versa a función: a igualdade de xénero.
A iniciativa procura sensibilizar e formar á infancia, a través dunha proposta divertida e próxima á súa linguaxe, gustos e referentes, en valores fundamentais como a igualdade, o respeto e a convivencia.
O espectáculo de monicreques Os Bolechas e o cavernícola terá lugar o vindeiro venres 8 de outubro ás 17 horas.
Aforo limitado. Reserva previa de entradas no Centro Cultural Manuel Lamazares ou no teléfono 986 790 301.