No Diario Oficial de Galicia (DOG) núm. 197, correspondente ao día 13 de outubro do corrente, publícase o anuncio polo que se somete a información pública o acordo do Pleno do Concello, adoptado na sesión do día 06/09/21, no que resultou aprobada unha das propostas elaboradas pola Comisión de Heráldica da Xunta de Galicia para a adopción do escudo heráldico e da bandeira do Concello.
Durante o prazo dun mes, que rematará o día 15 de novembro de 2021, calquera persoa interesada poderá presentar no Concello as alegacións que estime oportunas en relación ao devandito acordo.
Anexo I: anuncio DOG (pdf)
Anexo II: proposta de escudo e bandeira aprobada polo Pleno (pdf)