O programa organizado polo Concello de Rodeiro “Outono en Ruta” comeza coa Ruta do Patrimonio Histórico, que sairá da Igrexa de San Martiño de Asperelo e percorrerá algúns dos puntos históricos do Concello, como o petróglifo do Coto das Laxas, o castro de Baroncelle ou as mámoas de Caxide e Alén para volver ao punto de partida.
Para a ruta haberá un pequeno avituallamento.
LUGAR DE SAÍDA: Igrexa Asperelo
HORA: 10.15h
DIA: 12 de outubro
A actividade será gratuíta.
A data límite para inscribirse será ata o 11 de outubro, no teléfono 986790185 ou no mail turismo@rodeiro.gal.