O Concello de Rodeiro organiza unha nova actividade cultural a cargo de Miguel Guido o vindeiro martes 7 de decembro ás 17:00 horas no Centro Cultural Municipal. Presenta o seu espectáculo “O lobo feliz”. Narra a historia dun lobiño triste porque a xente prexulgábao e, sen coñecelo, afastábanse del. Crían que era malo e feroz, pero el só quería que o aceptaran. Espectáculo recomendado para todos os públicos.
Tamén se levará a cabo á mesma hora e no mesmo lugar outra actividade cultural a cargo de Os Bolechas. Presentan o seu espectáculo “Os Bolechas”. Espectáculo recomendado para todos os públicos.
Estas actividades lévanse a cabo con motivo da inauguración da ampliación e reforma da Biblioteca pública municipal. Estas actividades están financiadas pola Consellería de Cultura, Educación e Universidade da Xunta de Galicia.